O E3 aínda está lonxe de rematar pero xa tivemos a primeira nova merecedora de un Decote enteiro. A prensentación da Xbox One X, coñecida como Scorpio no seu desenvolvemento, e todos os xogos cos que sairá foron o punto forte da coferencia de Microsoft, asi que imos adicarlle o programa de hoxe a analizar este lanzamento de hardware.

Xbox One X: la consola más potente de la historia tiene juego 4K nativo – Xataka
La Xbox One X y todo lo que Microsoft presentó en el E3 2017 – Gizmodo

Como nin mañá nin a próxima semana vai haber Decotes aproveitamos este xoves para falar de todo o que pasou nas últimas semanas e algo do que está por vir, unha forma de deixar o menor número posible de temas sen tratar das últimas semanas e avisaros de todo o que está por vir na próxima.

Tim Cook Says Apple Focused on Autonomous Systems in Cars Push – Bloomberg
Apple está trabajando en coches autónomos, ¿qué podemos esperar de este anuncio? – La Vanguardia
Tim Cook on Donald Trump, the HomePod, and the Legacy of Steve Jobs – Bloomberg
Uber Embraces Major Reforms as Travis Kalanick, the C.E.O., Steps Away – NY Times
Todo lo que tienes que saber sobre el fin del roaming europeo, en diez preguntas y respuestas – Gizmodo
Backup and Sync from Google available soon – G Suite Updates
Message Startup Slack Said to Draw Interest From Amazon.com – Bloomberg
Twitter estrena diseño en iOS y Android – Hipertextual
Ya hay fecha: conoceremos el OnePlus 5 el 20 de junio – Engadget

Por casa anda rondando dende fai un tempo a posible renovación dun coche e un dos últimos contendientes en saír ao estrado foi o novo Tesla Model 3 (para que vexades a presa que temos). No episodio de hoxe tratamos algunhas das cuestións que nos surxiron ao fixarnos nun Tesla e cales foron as respostas e incógnitas que nos quedaron despois de informarnos.

Web de Tesla
Saúl López en Youtube
Vlog NY

Tal e como prometemos onte, hoxe toca falar da historia dos blogs en galego, un medio moito menos extendido que o blog pero que nos últimos anos está atopando o seu momento de máis calidade e esparcemento. Falamos dos primeiros podcasts, da creación do falangullo e da creación de podgalego, o primeiro punto de encontro para a comunidade.Todo, como sempre, aberto as vosas colaboracións.

Historia dos podcasts
Podgalego

 Voltamos á normalidade do Decote falando de Tradsfri, e forma máis asequible de dar o primeiro paso no mundo da domótica da man de Ikea. Probamos este sistema de iluminación intelixente que proximamente se fará compatible con Homekit e outros sistemas de domótica, convertíndose nunha das formas máis económicas de iniciarse neste mundo. Falamos de como funciona, cales son as súas limitación e que funcións imos gañar coa chegada de Homekit.

Verán é un momento perfecto para practicar deporte, polos menos no meu caso, é o momento do ano onde máis luz do días hai e máis quilómetros se poden meter ao corpo. Este ano, coa chegada do Apple Watch á miña vida estiven á procura de unha aplicación que puidese tirarlle todo o proveito e, aínda que frouxea nalgúns puntos, Strava foi a elexida. Todos os motivos no podcast de hoxe.

Strava
Relive
Vídeo de Relive

Onte, sen previo aviso, Amazon presentou novos membros para a súa familia Echo así como un novo Fire TV. Moi interesantes as presentacións no eido dos asistentes de voz domésticos que, aínda que non chegaron a estes lares, xa teñen unha competición aberta nas terras americanas na que Amazon semella levar a dianteira.

Mixx.io | El Windows de las casas 
Emilcar Daily | Twitter y Amazon non dan más
The Verge | The 5 biggest announcements from today’s Amazon hardware event