Despois de un ano e moitas vivencias toca falar do Apple Watch, da súa evolución e dos problemas que nos fomos atopando neste escaso ano de convivencia. O prezo de reparar a pantalla, como protexela ou a imposibilidade de escoitar podcasts dende estes son algúns dos problemas que o tempo non está resolvendo, máis ben todo o contrario.

Como xa vos contei en algunha ocasión, non hai mellor momento para poñerse ao día coas series pendientes que o verán. Este verán deu para moito e a primeira que vos achego por aquí é esta The night manager na que podedes atopar a Hugh Laurie e Toom Hiddleston en todo o seu explendor. Unha serie curtiña pero que merece moito a pena, sobre todo se tedes Amazon Prime.

The Night Manager | IMDB
The Night Manager | Amazon Video

Despois de pasar polo momento da realidade virtual coas apostas de HTC, Oculus e a propia Playstation, que parece que non acabar de convertirse no éxito que elas esperaban, chega o momento da realidade aumentada da man de Google e Apple co precentes das Hololens de Microsft. Serán estos kits para desenvolvedores capaces de marcar a diferencia? Complicado sabelo a día de hoxe, pero as sensacións non son boas.

Tango
Ikea App

Agora que xa cumplimos os do primeiro mes xa podemos falar dos propósitos para o novo ano, e é que falar deles sen telos cumplido canto menos o primeiro mes non sería unha boa forma de empezar o ano. Pois iso, falamos dos meus propósitos para o novo ano, un para cada mes, pero vós tamén podedes deixarme os vosos ou trasladarme as vosas suxerencia nos comentarios.

How Long to Beat
TvShow Time
Goodreads
Letterboxd
Plex

Comezamos a serie falando de Karuki Murakami, un dos escritores máis coñecidos da escena mundial actualmente, e un dos seus libros de ensaio máis interesantes, polo menos para min, “De qué hablo cuando hablo de correr”. Unha obra moi recomendable para corredores e seguidores de Murakami que pode ser algo dificil de dixerir para aqueles que non teñan interese nalgunha das dúas temáticas.

GoodReads
Haruki Murakami | Wikipedia

Continuamos co noso repaso a xaneiro e hoxe tócalle o turno ás series. Falamos en concreto de unha das mellores series de animación que un pode atopar en Netflix, de factoría propia e que xa conta con catro tempadas. Unha mezcla de humor e drama, do mellor e o peor do ser humano con toques de humor, toda unha recomendación para os que queren algo divertido pero tamén profundo e complexo.

Bojack Horseman | TvShow Time
O meu perfil en TvShow Time

Tócalle o turno aos videoxogos, e tóca falar dunha das obras mestras do ano 2015. O traballo de Toby Fox, que foi capaz de encargarse de todos os apartados técnicos e artísticos de Undertale e ofrecernos un videoxogo sinxelo e ao mesmo tempo moi profundo. Unha historia de autocoñecemento e descubrimento do mundo dende un punto de vista moi persoal, unha obra que se adapta a nós segundo a imos explorando.

Undertale | Web
Análisis Undertale | DayoScript

Última entrega da serie 12 do mes de xaneiro nesta ocasión para falar de cine, sendo máis concretos, para falar da polémica Ghost in the Shell que despois de tanto tempo agardando por ela pasou sen pena nin gloria pola salas de cine do país. Falamos diso, de todo o que bebe do anime de 1995, da series Stand Alone Complex e de como a insistencia de Hollywood por dixerirnos as películas antes de presentarnolas pode levar por diante a esencia das mesmas.

Ghost in the Shell – Letterboxd
El Alma de la Máquina no entiende Ghost in the Shell – Post Script

Pasamos dos 12 de xaneiro e chegamos a febreiro para comezar cun estreno, nada menos que Black Panther, a última aposta do universo Marvel que todo sexa dito, non deixou en min un sabor tan doce como lle ocorreu a maioría da xente. A parte de iso, recomendadísimas as sesións en VOS que podedes atopar nalgunhas nos cines de algunhas cidades, non en todas por desgracia, para gozar dos estrenos da mellor forma posible.

Black Panther | Letterboxd