Altered Carbon é a serie que vin en febreiro, unha serie feita e dispoñible en Netflix que moitos se apresuraron a comparar con Blade Runner, pero nada máis lonxe da realidade. Esta serie ambientada no século XXV bebe de moitas das referencias que bebeu Blade Runner e outros grandes do xénero pero ao estar baseada na novela de Richard K. Morgan ten o seu propio universo e normas para facer as delicias do espectador.

Altered Carbon | NetflixTvShow Time
O meu perfil en TvShow Time

Voltamos en abril co par de podcast que nos quedaron de marzo falando do feito en febreiro. En concreto hoxe tócanos falar dun desos videoxogos que son para pensar, para reflexionar e para entender o que ocorre en tantos outros, é dicir, un metaxogo.

 

Stanley Parable | Web
Stanley Parable Half Life Mod 2 | Web
The Stanley Parable [Análisis] – Post Script | Youtube

Rematamos a serie de marzo con este libro anti-conspiranoia e que pode servir como refresco para todos aqueles, coma min, que teñen claro que a terra non é plana pero non teñen a facilidade para explicarllo e demostrarllo a un neno de cinco anos. Un libro cheo de historia para saber de onde veñen e o porque destas teorías tan absurdas coas que nos toca convivir.

 

La secta de la tierra plana | Amazon | Goodreads
Fallo de Sistema 299 “El terraplanismo ha llegado…” | Web