Novas destacadas

Como xa ocorreu anteriormente con Oxenfree, do 18 ao 25 de maio tedes a posibilidade de descargar de forma gratuíta Titan Souls, o xogo de Acid Nerve publicado por Devolver Digital.

Lembrarvos que Twitch Prime é un dos múltiples servizos que se inclúen dentro de Amazon Prime e as súas vantaxes, polo que para xogar a Titan Souls tan só precisades reclamar a oferta en Twitch e ter o cliente de escritorio descargado, que polo de agora só está dispoñible para os usuarios de Windows, aínda que se vos interesa podedes atopar a versión para OS X en Steam por 15 €.

Na páxina de Twitch podedes atopar máis información sobre o xogo e algúns gameplays para saber de que vai.

 

A restricción que se estaba aplicando aos voos procedentes de Turquía, Marrocos, Xordania, Exipto, os Emirato Árabes, Qatar e Arabia Saudita con destino aos EUA dende marzo que obrigaba a levar “calquer aparello electrónico maior que un smartphone” en bodega finalmente non se aplicará aos traxectos procedentes da Unión Europea, tal e como sinala a BBC, tras a negativa dos responsables da Unión Europea e os EUA.

Segundo declaraba Steve Landells, un experto en seguridade da British Airline Pilots Association:

“Given the risk of fire from these devices when they are damaged or they short circuit, an incident in the cabin would be spotted earlier and this would enable the crew to react quickly before any fire becomes uncontainable.”