Rematamos a serie de marzo con este libro anti-conspiranoia e que pode servir como refresco para todos aqueles, coma min, que teñen claro que a terra non é plana pero non teñen a facilidade para explicarllo e demostrarllo a un neno de cinco anos. Un libro cheo de historia para saber de onde veñen e o porque destas teorías tan absurdas coas que nos toca convivir.

 

La secta de la tierra plana | Amazon | Goodreads
Fallo de Sistema 299 “El terraplanismo ha llegado…” | Web

Estamos de volta coa que podemos chamar segunda tempada do Decote. Adicamos este primeiro episodio para falar das opcións que temos para ver contido multimedia a distancia sen romper a cachola poñéndonos de acordo en que segundo empezar ou parar a reproducción. Para isto temos catro opcións, SyncLounge para Plex, Netflix Party para Netflix e Gaze e Rabbit para todo tipo de contidos.

SyncLounge | Web
Netflix Party | Chrome Plugin
Gaze | Web
Rabbit | Web