Comezamos a serie falando de Karuki Murakami, un dos escritores máis coñecidos da escena mundial actualmente, e un dos seus libros de ensaio máis interesantes, polo menos para min, “De qué hablo cuando hablo de correr”. Unha obra moi recomendable para corredores e seguidores de Murakami que pode ser algo dificil de dixerir para aqueles que non teñan interese nalgunha das dúas temáticas.

GoodReads
Haruki Murakami | Wikipedia

Continuamos co noso repaso a xaneiro e hoxe tócalle o turno ás series. Falamos en concreto de unha das mellores series de animación que un pode atopar en Netflix, de factoría propia e que xa conta con catro tempadas. Unha mezcla de humor e drama, do mellor e o peor do ser humano con toques de humor, toda unha recomendación para os que queren algo divertido pero tamén profundo e complexo.

Bojack Horseman | TvShow Time
O meu perfil en TvShow Time

Tócalle o turno aos videoxogos, e tóca falar dunha das obras mestras do ano 2015. O traballo de Toby Fox, que foi capaz de encargarse de todos os apartados técnicos e artísticos de Undertale e ofrecernos un videoxogo sinxelo e ao mesmo tempo moi profundo. Unha historia de autocoñecemento e descubrimento do mundo dende un punto de vista moi persoal, unha obra que se adapta a nós segundo a imos explorando.

Undertale | Web
Análisis Undertale | DayoScript

Última entrega da serie 12 do mes de xaneiro nesta ocasión para falar de cine, sendo máis concretos, para falar da polémica Ghost in the Shell que despois de tanto tempo agardando por ela pasou sen pena nin gloria pola salas de cine do país. Falamos diso, de todo o que bebe do anime de 1995, da series Stand Alone Complex e de como a insistencia de Hollywood por dixerirnos as películas antes de presentarnolas pode levar por diante a esencia das mesmas.

Ghost in the Shell – Letterboxd
El Alma de la Máquina no entiende Ghost in the Shell – Post Script

Pasamos dos 12 de xaneiro e chegamos a febreiro para comezar cun estreno, nada menos que Black Panther, a última aposta do universo Marvel que todo sexa dito, non deixou en min un sabor tan doce como lle ocorreu a maioría da xente. A parte de iso, recomendadísimas as sesións en VOS que podedes atopar nalgunhas nos cines de algunhas cidades, non en todas por desgracia, para gozar dos estrenos da mellor forma posible.

Black Panther | Letterboxd 

Altered Carbon é a serie que vin en febreiro, unha serie feita e dispoñible en Netflix que moitos se apresuraron a comparar con Blade Runner, pero nada máis lonxe da realidade. Esta serie ambientada no século XXV bebe de moitas das referencias que bebeu Blade Runner e outros grandes do xénero pero ao estar baseada na novela de Richard K. Morgan ten o seu propio universo e normas para facer as delicias do espectador.

Altered Carbon | NetflixTvShow Time
O meu perfil en TvShow Time

Voltamos en abril co par de podcast que nos quedaron de marzo falando do feito en febreiro. En concreto hoxe tócanos falar dun desos videoxogos que son para pensar, para reflexionar e para entender o que ocorre en tantos outros, é dicir, un metaxogo.

 

Stanley Parable | Web
Stanley Parable Half Life Mod 2 | Web
The Stanley Parable [Análisis] – Post Script | Youtube

Rematamos a serie de marzo con este libro anti-conspiranoia e que pode servir como refresco para todos aqueles, coma min, que teñen claro que a terra non é plana pero non teñen a facilidade para explicarllo e demostrarllo a un neno de cinco anos. Un libro cheo de historia para saber de onde veñen e o porque destas teorías tan absurdas coas que nos toca convivir.

 

La secta de la tierra plana | Amazon | Goodreads
Fallo de Sistema 299 “El terraplanismo ha llegado…” | Web