Verán é un momento perfecto para practicar deporte, polos menos no meu caso, é o momento do ano onde máis luz do días hai e máis quilómetros se poden meter ao corpo. Este ano, coa chegada do Apple Watch á miña vida estiven á procura de unha aplicación que puidese tirarlle todo o proveito e, aínda que frouxea nalgúns puntos, Strava foi a elexida. Todos os motivos no podcast de hoxe.

Strava
Relive
Vídeo de Relive

Despois de un ano e moitas vivencias toca falar do Apple Watch, da súa evolución e dos problemas que nos fomos atopando neste escaso ano de convivencia. O prezo de reparar a pantalla, como protexela ou a imposibilidade de escoitar podcasts dende estes son algúns dos problemas que o tempo non está resolvendo, máis ben todo o contrario.